Premio 

"Luis Freire de didáctica Micolóxica"

         Concurso sobre Didáctica dos Cogomelos

 

Os obxectivos deste concurso son os de potencia-los recursos didácticos que ofrecen os cogomelos, de cara a estudiantes e afeccionados á micoloxía que desexen aumenta-los seus coñecementos con certa metodoloxía.

A Asociación Micolóxica "Cogumelo" de Chantada ven a instituir este premio dentro do marco do II Congreso Nacional de Micoloxía, presentando as seguintes bases:

Bases

A este premio poden concorrer tódalas persoas de calquera idade e condición.

Estará adicado ós traballos que, dentro do marco da aportación á mellora do ensino e coñecemento sobre fungos, contribúan dalgunha maneira a emprega-los cogomelos como material didáctico e/ou pedagóxico.

O traballo gañador terá que ser presentado e defendido polo/s autor/es durante unha das sesións do Congreso, designada pola organización.

Sempre que o Xurado non atope calidade dabondo nos traballos poderá declaralo deserto.

Traballos

Os traballos escritos téñense que presentar por triplicado, coa maquetación que o autor considere oportuna, e que poderá tamén ser avaliada polo Xurado.

Se houbera traballos gráficos ) (carteis, murais, etc.), presentarase o orixinal e unha memoria explicativa do mesmo, ó igual que no caso anterior.

O textos presentaranse escritos en procesador de textos tipo Word 6.0 (ou versión posterior, espaciado de 1,5 liñas, sen tabuladores, nen sangrías. O estilo de letra será Times New Roman de 12 puntos]

No texto evitarase por diferentes tipos de letra, é decir, non se empregarán maiúsculas, nen versales. Exceptuanse os nomes científicos que teñen que figurar en cursiva (nunca suliñados)

Teñen que ser inéditos e poderanse presentar indistintamente en idioma galego, castelán ou portugués. Os traballos premiados quedarán en poder da organización, que se reservará ó dereito de pasalos ó galego para a súa publicación, segundo proceda.

O prazo límite de presentación dos traballos remata o 15 de Agosto de 2000.

No interior dun sobre pechado e aparte, incluirase unha nota na que se escribirá o lema, título real, autor/es, enderezo completo e teléfono de contacto. Dito sobre levará no exterior o lema.

Os autores dos traballos non premiados poderán solicita-la súa devolución antes de fin do ano en curso.

Premios

  • Primeiro premio dotado de 100.000 pts., diploma, publicación do traballo e asistencia gratuita ó II Congreso Nacional de Micoloxía
  • Ademáis, otorgaranse 2 accesits de 25.000 pts. cada ún e diploma

Xurado

Para avalia-los traballos presentados constituírase o seguinte xurado:

Presidenta

Dna. Marisa Castro Cerceda

Dra. en Bioloxía, Profesora Titular da Facultade de Ciencias (Universidade de Vigo), Presidenta do Grupo Micolóxico Galego

Vocais

D. Francisco J. Fernandez de Ana Magán

Xefe da Sección de Fitopatoloxía do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, Profesor Asociado da Escola Politécnica Superior de Lugo (Univ. de Santiago)

D. Antonio Rigueiro Rodríguez

Dr. Enxeñeiro de Montes, Catedrático da Escola Politécnica Superior de Lugo (Univ. de Santiago)

 

Secretario

D. José Álvarez Bugallo

Secretario da Asociación Micolóxica Cogumelo de Chantada

O Presidente e Vocais, con voz e voto, emitirán unha resolución, inapelable, que será comunicada por parte do Secretario a cada un dos concursantes antes da data de celebración do Congreso.

Enténdese que os concursantes aceptan as disposicións contidas nas presentes bases, de xeito que calquera dúbida na súa aplicación ou interpretación poderá ser resolta polo Xurado sen máis trámite.

 

Os traballos remitiranse a:

Asociación Micolóxica Cogumelo

C/Leonardo Rodriguez, 20

27500 Chantada (Lugo)

 

Iformación tel. 982 462036-626 833999

e-mail tonecho@mundivia.es