Nesta segunda edición do Congreso Nacional de Micoloxía póderanse
presentar -por parte do público- ponencias referidas a traballos
científicos, na modalidade de panel.
Ata un máximo de 2 ponentes por ponencia terá a inscripción e
asistencia ó Congreso gratuita.
Para que estas ponencias sexan aceptadas é preciso enviar antes do 1
de Setembro un resumo seguindo estrictamente as indicacións abaixo
enumeradas:
1ª. O resumo presentarase escrito en procesador de textos tipo Word
6.0 (ou versión posterior) en diskette de 3,5" ou enviando o
arquivo por e-mail, adxuntando copia en papel.
2ª. A extensión máxima será de 3 follas DIN-A4, a espaciado de
1,5 liñas, sen tabuladores, nen sangrías. O estilo de letra
será Times New Roman de 12 puntos]
3ª. No texto evitarase por diferentes tipos de letra, é decir, non
se empregarán maiúsculas, nen versales. Exceptuanse os nomes
científicos que teñen que figurar en cursiva (nunca suliñados)
4ª. Cada resumo incluirá o título, nome do/os autor/es e catro
apartados: introducción, metodoloxía, resultados e bibliografía.
5ª. A bibliografía (sen maiúsculas, nen cursivas) estructurarase
do seguinte xeito:
Autor. data. Título (en cursiva). Editorial. Cidade ou país de
edición, por exemplo: Bon, M. 1988. Guía de campo de los hongos de
Europa. Ed. Omega. Barcelona
Autor. data. Título. Revista (en cursiva), nº e páxinas, por
exemplo: candusso, M. 1998. Algúns higroforáceos do Moncayo
(Zaragoza). Mykes 1: 31-42. Vigo
6ª. Os paneis terán un máximo de 110 cm. de longo por 90 de ancho.
E permanecerán expostos de modo ininterrumpido durante todo o Congreso.
Comentaranse nunha das sesións, adicándolle 5 minutos a cada un deles.
7ª. As ponencias serán enviadas a:
Asociación Micolóxica Cogumelo
Leonardo Rodriguez, 20
27500 CHANTADA (Lugo)
tonecho@mundivia.es
fax-982462036
Calquera dúvida pódese consultar no teléfono 982 462036
O resume e máis a exposición da ponencia deberán seguir as normas
adxuntas o máis estrictamente posible.