Presentación
A idea do colexio como un lugar onde os nenos e as nenas veñer exclusivamente a recibir clases, ou a seren "gardados namentras os pais e nais traballan" é unha concepción pobre, e do seculo XIX.
A escola hoxe é máis aberta, ten que dar resposta tamén a outras necesidades educativo-formativas e iso non se consigue somentes coa laboura dos profesores, é función de toda a comunidade educativa, de toda a sociedade.
Os chamados "temas transversais", as actividades complementarias, e a posta en marcha de diversos proxectos e programas de traballo, dirixidos á renovación e actualización metodolóxico-pedagóxica, van nese camiño.
Algunhas desas actividades están incluidas no Plan Educativo do Centro, outras son producto da iniciativa e esforzo do profesorado, do concello, ou dos pais.
Este CD-ROM quere axudar a espallar míllor a laboura do Colexio, ó tempo que demandar, e mesmo agradecer, a sociedade, as autoridades municipais e educativas, a colaboración para que esta sexa cada vez millor.
As nosas nenas e nenos no-lo premiarán con creces.